Use a opción
O diálogo de texto de información admite as seguintes opcións:
Especifica un ficheiro que se carga no diálogo de texto de información.
Permite que o texto mostrado sexa editado. O texto editado devólvese pola saída estándar cando o diálogo se pecha.
Especifica o tipo de letra do texto.
Activar unha casilla para usala como «Lin e acepto os termos.»
Activar a compatibilidade de HTML.
Configura unha URL no lugar dun ficheiro. Só funciona se usa a opción «--html»
O seguinte script de exemplo mostra como crear un diálogo de selección de ficheiro:
#!/bin/sh
# Debe copiar o archivo "COPYING" no mesmo cartafol que este script.
FILE=`dirname $0`/COPYING
zenity --text-info \
--title="Licenza" \
--filename=$FILE \
--checkbox="Lin e acepto os termos."
case $? in
0)
echo "Comenzar instalación"
# seguinte paso
;;
1)
echo "Deter instalación"
;;
-1)
echo "Produciuse un error non esperado."
;;
esac