Use a opción para crear un diálogo de calendario. Zenity devolve a data seleccionada á entrada estándar. Se non se selecciona ningunha data na liña de ordes, o diálogo use a data actual.
O diálogo de calendario admite as seguintes opcións:
Especifica o texto que se mostra no diálogo de calendario.
Especifica o día que se selecciona no diálogo do calendario.«Día» debe ser un número entre 1 e 31 ambos incluídos.
Especifica o mes que se selecciona no diálogo do calendario. «Mes» debe ser un número entre 1 e 12 ambos incluídos.
Especifica o ano que está seleccionado no diálogo de calendario.
Especifica o formato que se devolve desde o diálogo de calendario despois da selección de data. O formato predeterminado depende da súa configuración rexional. O formato debe ser un formato que acepte a función
O seguinte script de exemplo mostra como se crea un diálogo de calendario:
#!/bin/sh
if zenity --calendar \
--title="SSeleccione unha data" \
--text="Prema sobre unha data para seleccionala." \
--day=10 --month=8 --year=2004
then echo $?
else echo "Non seleccinou ningunha data"
fi